Xesús Ron: “O mellor premio para Chévere nestes momentos é poder traballar”

Xesús Ron: “O mellor premio para Chévere nestes momentos é poder traballar”

16 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A compañía Chévere recibirá o premio de honra Abrente da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. O galardón chégalle cando está a piques de celebrar un cuarto de século de existencia e vén acompañado, segundo o seu director, Xesús Ron, do premio engadido de poder representar o seu proxecto máis ambicioso: Citizen. Sobre as táboas de Ribadavia representarán nunha únic

Os recortes orzamentarios en políticas culturais que lle afectan ás artes escénicas en Galicia cobráronse unha vítima senlleira na Sala Nasa de Santiago, a base de operacións de Chévere. Xesús Ron salienta que en tres anos as achegas da Xunta ás salas privadas, como a Nasa, reducíronse á terceira parte, e láiase de que o golpe de graza lle viñese dado polo novo Alcalde de Santiago, o popular Gerardo Conde Roa, quen fixo da retirada das achegas á sala unha “promesa electoral”.

O premio de Honra Abrente, concedido pola dirección da Mostra de Teatro de Ribadavia e que nesta ocasión recaeu no Grupo Chévere, instaurouse co obxectivo de recoñecer publicamente e resaltar a figura de “colectivos ou persoas notoriamente responsables do progreso e do bo labor nas artes escénicas galegas, o que contribúe á modernización e democratización social e cultural”

Cultura