Xesús Torres: “Lugrís Freire era un home moi popular na Coruña”

Xesús Torres: “Lugrís Freire era un home moi popular na Coruña”

05 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Solidaridad Gallega era un movemento de rexeneración política, ao marxe dos partidos do turnismo, que xuntaba diferentes ideoloxías que unicamente coincidían na defensa do país. O mitin en Betanzos do domingo 6 de outubro de 1907 foi unha sorte de presentación pública da organización, segundo o historiador Xesús Torres.

Ao acto asistiron varios deputados cataláns e o ex-presidente da I República Nicolás Salmerón, o que xenerou moita expectación xa dende dias anteriores. Ao ser dia de mercado, Betanzos estaba ateigado de agricultores e gandeiros de toda a volta. Pero o mitin pasou á historia dado que o escritor de Sada Manuel Lugrís Freire, falou en galego nunha intervención marcadamente política. Ademáis as súas palabras recolleronse e publicouse en A Nosa Terra.

Xesús Torres lembra que na década anterior (1891) Manuel Murguía xa falara en Tui en lingua galega, pero nun discurso de carácter literario. Lugrís traballaba na empresa de augas da Coruña, pero era un home moi coñecido en toda a provincia. Elaboraba contos -co seudónimo de Asieumedre- que se vendían nas feiras con moi boa acollida. Formaba parte do grupo máis progresista de Solidaridad Gallega, con fortes conviccións republicanas, galeguistas e laicas.

Cultura