Xestión directa da auga

No mes de decembro Fene coñecerá o candidato socialista á alcaldía
23 de Novembro, 2018 - 01:08 h. | Publicada por Radio Fene

Un modelo de xestión directa da auga. Iso propón o grupo municipal socialista de Fene, encabezado por Antón Noceda. O concello continúa provisionalmente con Viaqua e estuda o futuro modelo de xestión.

ESCOITA O PODCAST:

O PSOE tenno claro, a remunicipalización da xestión da auga ten que ser a solución final á que chegue o concello de Fene unha vez rematou o contrato con Viaqua. O portavoz municipal dos socialistas explicounos a súa decisión no espazo As Foxas de Radio Fene. Aos orzamentos que prepara o goberno local, Noceda recomenda que acaben coa débeda social e teñan en conta aos veciños máis desafavorecidos. O PSOE fenés elexirá o seu candidato ou candidata á alcaldía de Fene nas eleccións de 2019, no próximo mes de decembro.

Institucional

Publica o teu comentario agora