Xestión nefasta

A edil de EU non salva nada da xestión do goberno popular de Fene
11 de Decembro, 2019 - 08:53 h. | Publicada por Radio Fene

Na súa comparecencia no espazo As Foxas de Radio Fene a edil de EU sostivo que no 2020 non hai traza de que vaia haber Orzamentos.

ESCOITA O PODCAST:

«Se estivese nas miñas mans, presentaríalle unha moción de censura ». Quen di isto é a concelleira de EU de Fene despois de comprobar que o alcalde de Fene, a quen lle pediron a dimisión no ultimo pleno ordinario do ano, non vai dimitir. Maricarmen Martínez é a única representación de EU na corporación fenesa e formou parte do anterior goberno co BNG. Martínez di que ten tanto ou máis peso para pedir a dimisión de Galego, a súa xestión ao frente do grupo popular que a condena pola infracción cometida contra a seguridade viaria.

Institucional

Publica o teu comentario agora