A XII Marcha ciclista a Ferrolterra sube ata os 700 metros de altura

A XII Marcha ciclista a Ferrolterra sube ata os 700 metros de altura

18 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

120 quilómetros percorrerá este ano a décimo segunda Marcha Ciclista a Ferrolterra que arrinca este sabado 22 de agosto ás 3 da tarde, dende o pavillón polideportivo da Malata. Dende Ferrol a Ortigueira, os participantes pasarán por 9 concellos. O punto máis alto que deben sortear na marcha está na Garita de Herbeira, a case 700 metros de altura.

O segundo obstáculo encóntrase no mirador do Campo dos Carrís, en San Andrés de Teixido. O concelleiro ferrolán de deportes, Manuel Santiago, presentou esta mañán a XII Marcha ciclista que calificou de “impresionante” polo entorno paisaxístico espectacular polo que discurre.
 
 Para o presidente do Club Ciclista Ferrol, Juan Martínez, o circuito ten unha dureza  media-alta porque así o demandan os participantes, amantes da bicicleta. Os organizadores agardan unha participación estimada de 80 persoas, procedentes de Galicia e oriundos doutros paises que pasan as vacacións na comarca. É habitual a presencia de vascos, asturiános e cataláns todos os anos nesta marcha. Os participantes deben acudir provistos de bici e casco regulamentario. Moitos serán ciclistas federados pero, se non teñen licencia federativa poden participar igualmente pois a organización facilítalla por un día.


A XII Marcha Ciclista a Ferrolterrá sairá este sabado 22 ás 3 da tarde da Malata e retornada contra as 8 da tarde ao mesmo lugar, para culminar cunha churrascada. A marcha discurrirá cuberta por varios vehículos de avituallamento, unha ambulancia e mesmo un autobús para recoller a quen non poida cos 120 Km a través de Ferrol, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Cariño, Cedeira e Ortigueira.

Deportes