ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os afeccionados ás orquestras poderán gozar mañá xoves da dobre actuación musical dunha das máis prestixiosas formacións galegas. A orquestra Panorama desprazarase a Ferrol para seguir animando á cidade dentro do espectacular programa de Festas de Verán organizado polo Concello.
A dobre cita comezará coa concentración anual infantil Panorama ás 18:00 horas na Praza do Himno Galego, situada no barrio de Esteiro. Este evento para os máis pequenos da casa acollerá a actuación en acústico da formación, inchables, sinatura de autógrafos e centos de agasallos de balde para tódolos fans que se acerquen ao encontro. Máis tarde, concretamente ás 23:00 horas a rúa Españoleto, en Esteiro, será o lugar escollido para gozar da Xira “Remember Tour” que conmemora o 25 aniversario da prestixiosa orquestra Panorama, que conta cun séquito incondicional de máis de 9.000 fans por toda Galicia. Así, o radio dj David Expósito será o encargado de poñer música no descanso da formación.
Corte ao tráfico e estacionamento alternativo
A Policía Local informou hoxe que dende as 16:00 horas queda prohibida a circulación e o estacionamento de vehículos no tramo da rúa Españoleto, comprendido entre a Avenida de Esteiro e a rúa Carlos III. Así mesmo, dende as 22:00 horas e ata a finalización do concerto conmemorativo da orquestra, serán cortados os accesos ás rúas que concorren á rúa Españoleto ao longo do tramo afectado: rúa Naturalista López Seoane e rúa San Roque e Ánimas. En outro orden de cousas, se recomenda como zonas de estacionamento alternativo, a explanada exterior do Cuartel de Sánchez Aguilera, o cadro de Esteiro e o barrio de Recimil, na rúa Ramón y Cajal.