Xoán Hermida: “A cidadanía debe ocupar o posto de mando de En Marea”

Xoán Hermida: “A cidadanía debe ocupar o posto de mando de En Marea”

19 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Dous fitos na vida social e política do país estableceron o marco de investigación na tese de doutoramento que Xoán Hermida presentou, coa máxima cualificación, hai agora un mes na Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección de Ramón Máiz e Nieves Lagares. “Movementos sociais e altermundismo en Galicia: de Nunca Máis a AGE (2002-2012)

Xoán Hermida, activista altermundista e actor nalgúns dos procesos que analiza na súa tese, pensa que para o éxito futuro de En Marea “a infantería desa organización, que son as mareas municipalistas e a cidadanía, deben ocupar o posto de mando”. Verbo do debate que se vai abrir sobre se forzas como o BNG deben inserirse na alianza durante o camiño ás eleccións autonómicas de 2016, Hermida coida que “o que falta fundamentalmente son cidadáns e cidadás” e as siglas, os partidos, “que estean os que queiran estar”. Mais En Marea “haino que converter nun instrumento de inclusión social”, resolve. 
O obxectivo da tese de doutoramento era “facer unha cartografía dos movementos sociais” da década 2002-2012, explicando “como eses movementos maduran a través dun proceso de independencia respecto á submisión aos partidos políticos e como o proceso altermundista axuda tamén a maduralos”. O marco temporal da investigación de Xoán Hermida limítano a desafección política que seguiu a Nunca Máis (“mobilizou ao país pero demostrou que os partidos non estiveron a altura”) e o estoupido do 15M (“é o proceso inverso, a volta á política, ao partidismo”). 
Sociedade