Xoán Xosé Pita (BNG) : “Ferrol debe asumir o papel de cabeceira da comarca”

Xoán Xosé Pita (BNG) : “Ferrol debe asumir o papel de cabeceira da comarca”

18 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG de Ferrol vén de solicitar a celebración dun pleno extraordinario da Corporación para debater a situación da comarca ante a aprobación do decreto do carbón. Os nacionalistas demandan que, tras esta xuntanza, o Concello de Ferrol se adhira á Plataforma contra o Decreto do Carbón e apoie á mobilización cidadá convocada para este domingo, baixo o lema “Polo dereito a producir, polo dereito a traballar na nosa terra”.

O voceiro do BNG de Ferrol, Xoan Xosé Pita, manifestou que agardan que o Concello asuma, “dunha vez por todas”, o seu papel como cabeceira de Ferrolterra. “Queremos que o alcalde, Vicente Irisarri, deixe de posicionarse cos que aprobaron o decreto e se poña do lado dos milleiros de traballadores que ven perigar os seus empregos”, declarou Pita. O voceiro nacionalista apuntou que “se fai falla, apelaremos ao espírito de pecador arrepentido amosado o pasado venres polo socialista Pachi Vázquez”.

Pita sinalou que non queren que “se repita a actuación esperpéntica de Irisarri diante da petición da supresión do veto a astano”. Ademais fixo referenza ás outras forzas políticas implicadas na loita contra o decreto, como EU, para que apoien estas demandas.

Institucional