ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
5-1 acabou o encontro Barallobre - Cabanas xogado no campo do Ramo co vento como un protagonista máis do encontro.
O vento influiu no xogo dos encontros da segunda galega de fútbol, cando menos así o relatan os seus técnicos. Ocurríu no campo do Ramo en Barallobre, segundo Oscar Varela. Na primeira parte, co vento a favor a punto estiveron de chegar ao descanso con tres goles, se non fora polo pau. Na segunda parte, despois de pasar entre cinco e dez minutos “apretados”, na última media hora, o Barallobre marcou o resto ata poñerse definitivamente 5-1 no marcador. Certo é que o Cabanas acudiu con dous suplentes e veu como lle expulsaban un xogador. Abriu a man do Barallobre o gol de Cristian no minuto 14 e outro seu no 34. Pechouna o tanto de Rubén no 78'. No medio entraron outros dous tantos de Daniel Hermida (71') e Paolo Hidalgo (75').
En palabras de Oscar Varela, o seu equipo é un pouquiño mellor que na pasada temporada. Ata a segunda fase, tivérono complicado pero agpra están xogando máis a gusto. Na próxima xornada o Barallobre visita ao Rosalía, un equipo colocado xusto detrás dos do Ramo na táboa clasificatoria. Así que vai ser un rival directo e, cando menos, un partido competido.
Publica o teu comentario agora