Xogar difícil

Xogar difícil
06 de Febreiro, 2024 - 12:12 h. | Publicada por Radio Fene

Non tivo a sorte de cara o Perlío feminino. Xuventude de Crendes 4-1 Perlío. Marcador do partido correspondente á Terceira Galicia que analizamos con Conchi López, delegada do Perlío. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Un equipo xogou fácil, que foi o Crendes, con máis puntería, e un equipo xogou difícil, o Perlío”, resume. Paula Boado foi a goleadora do Xuventude de Crendes. Sabela marcou o único gol do Perlío, aínda que foron moitas as ocasións perdidas. “Antes do minuto dez tivemos cinco oportunidades claras, elas no minuto once, nunha xogada que non ía a ningunha parte, o árbitro pitou unha falta ao borde da área e marcaron”, detallou Conchi López.

Deportes

Publica o teu comentario agora