Xogos de rol para coidar os humedais

Xogos de rol para coidar os humedais

22 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes, a través da Concellería de Medio Ambiente, conmemorou hoxe o Día da Terra coa celebración, na Casa da Cultura, dunha charla sobre a importancia dos humidais. Unha charla que baixo o título “Cuidemos os nosos humidais” foi impartida por dúas responsables da área de Conservación do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- CEIDA, e que completou así a tem&a

Os encargados de abrir a xornada foron o alcalde de Ordes, Manuel Regos e o concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, que insistiron no obxectivo desta charla, que é o de sensibilizar á comunidade escolar sobre a riqueza natural e cultural dos humidais e da necesidade da súa conservación.

A charla contemplou varios aspectos sobre os humidais como que son, tipoloxía, valores, ameazas, xestión e principais humidais galegos facendo unha especial referencia aos encoros de Vilagudín e Vilasenín, zonas húmidas máis destacadas da comarca de Ordes que hoxe están naturalizadas e convertidas en referente paisaxístico da comarca.

Nesta iniciativa participaron preto dun centenar de alumnos e alumnas do IES Maruxa Mallo de Ordes, que se mostraron interesados polo tema, sendo partícipes ademais nun xogo de rol consistente na simulación da construcción dun complexo turístico. Os rapaces e rapazas ordenses, repartidos en grupos ocuparon os roles de empresarios, asociacións de veciños, ecoloxistas e científicos, expoñendo cada grupo a súa postura acerca do tema.

Sociedade