Xoguetes e agasallos polo Nadal

Xoguetes e agasallos polo Nadal

07 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene abre mañá  o prazo de solicitude de axudas ás familias para a festividade de reis. Convócanse un total de 40 subvencións para 40 nenos e nenas por importe individual de 75 euros para cada un. As solicitudes deberanse presentar no Rexistro Xeral de entrada do Concello, no prazo de 10 días naturais, contados a partires de hoxe, que se publica no  Boletín Oficial da Provincia.

A contía das axudas que recibirá cada familia solicitante estará en función do número de fillos e fillas en convivencia, que cumpran o requisito da idade e que se podan beneficiar do programa.
Coas subvencións recibidas as familias cubrirán a compra de agasallos para a festividade de Reis: xoguetes, xogos, libros, material didáctico, e outros obsequios que se correspondan coa idade do/a menor ao que vai dirixida a axuda, sempre que estes sexan adquiridos antes do día 5 de xaneiro de 2013.

Poderase xustificar roupa, calzado ou material deportivo (mochilas, roupa deportiva, botas, etc), sempre que o importe total non supere o 50 % da axuda subvencionada (37,50 €).
O pago das subvencións realizarase de forma anticipada no exercicio 2012, na entidade bancaria indicada polos beneficiarios, que deberán aportar as facturas, no prazo máximo de 15 días dende o cobro da subvención.

Sociedade