Xoguetes que viñeron de África

Xoguetes que viñeron de África

26 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

200 xoguetes procedentes de África amósanse no CEIP Monte de Caaveiro (A Capela A Coruña). Trátase de pezas únicas recopiladas en 26 países dese continente por un galego, Xavier Lago,  viaxeiro empedernido, que fundou unha axencia de viaxes hai 20 anos, denominada Cultura Africana. Dende 1989 en cada viaxe él e os seus clientes traían na maleta un xoguete. Esa é a orixe da colección que se pode ver na Capela, segundo o mestre&n

A exposición está a ser visitada polos centros escolares, a razón de un por semana.  Demostra os valores educativos do xoguete feito polos propios nenos e nenas. Barcazas, marionetas, tanques militares de folla de lata, tirapedras de caucho ou unha pistola recortada dun cartón de leite, traídas de lugares tan dispares como Arxelia, Etiopía ou Tanzania. “Xogar é obrigatorio na infancia e unha forma de aprendizaxe imprescindible” afirma o profesor do Colexio Mosteiro de Caaveiro da Capela.

Cultura