A xornada aprazada xogaráse o domingo 12 de abril

A xornada aprazada xogaráse o domingo 12 de abril

06 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A xornada da Segunda e Terceira Autonómica aprazada o pasado domingo polo aviso de temporal, xogaráse o domingo 12 de abril en Semana Santa. Así o aseguraron esta mañá a Radiofusión desde a delegación de Ferrol da Federación Galega de Fútbol.

O 19 de marzo, dia de San Xosé, disputaránse 8 partidos pendentes de xornadas anteriores. En concreto xogaránse o Mugardos Numancia de Ares, A Capela Narahío e Valdoviño San Pablo. Asimesmo disputaráse media hora pendente do choque entre o Animas e o Eume. Hai tamén outros 4 partidos pendentes da Terceira Autonómica.

Se hai acordo entre os equipos e naturalmente non forman parte dese grupo con partidos pendentes, poderáse adiantar algún partido da xornada pendente para o 19 de marzo. Dese xeito os xogadores quedarían libres para a Semana Santa.

Deportes