Xosé Deira continuará ao temón do BNG

Xosé Deira continuará ao temón do BNG

22 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A asemblea do BNG de Boiro confía unha vez máis en Xosé Deira para encabezar o proxecto do nacionalismo en Boiro. Ademais a asemblea valorou moi positivamente o traballo desempregado tanto polo alcalde como pola actual equipa de goberno e agarda incrementar os apoios da cidadanía para conseguir ser o partido máis votado do concello, posto que nos anteriores comicios se quedou a tan só 12 votos dese obxectivo. O BNG parte coas mellores expectativas de goberno, neste

Desde o BNG de Boiro afirman que, "Xosé Deira é a persoa que aglutina maiores consensos dentro da cidadanía ao tempo que representa á perfección o proxecto transformador do BNG. O noso candidato é a mellor opción porque reúne carisma, capacidade de diálogo e xestión, e non está supedidato a ningún interese económico nin persoal. Iso, xunto coa equipa que estamos deseñando, será a garantía de liderado do BNG e faranos medrar en apoio e implantación entre a cidadanía". 

Ademais sinalan, que "Os froitos de oito anos de goberno nacionalista están á vista porque desde que está o BNG se goberna doutro xeito: transparencia absoluta no funcionamento da administración, contacto continuo coa cidanía, control exhaustivo do gasto (uns hipotecaron o concello e outros agora pagamos) e inversións pensando nas persoas e nas clases mais desfavorecidas: galescola, centro de día, praza de usos múltiples, iniciativas locais de emprego, etc. Por iso o mandato do BNG pódese resumir en transparencia, participación e cidadanía". 

Igualmente aseguran que o actual contexto político é moi favorábel para que a frente nacionalista entre no goberno dos catro concellos da nosa comarca e anima a todo o mundo a apoiar esta oportunidade histórica.

Institucional