Xosé Luis Gómez, Director de Xornal de Galicia: “A adaptación dos medios aos gobernos é unha perversión democrática”

Xosé Luis Gómez, Director de Xornal de Galicia: “A adaptación dos medios aos gobernos é unha perversión democrática”

27 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Casa da Cultura de Vilalba foi o espazo escollido polo Xornal de Galicia para facer a súa primeira presentación na nosa comunidade. Nun acto organizado polo propio medio e coa colaboración de RADIOFUSION e TERRA CHÁ.XA, no que se atopaban personalidades do mundo da política e da cultura da vila, como foron os casos do alcalde do municipio, Gerardo Criado, o deputado do Parlamento de Galicia, Agustín Baamonde, o concelleiro do BNG, Xosé Manuel Irimia, o pres

Foi Paz o que tomou a palabra para presentar o acto e ao responsable do devir de Xornal de Galicia. Nunha breve intervención identificouse plenamente co proxecto, tanto desde un punto de vista “periodístico como cultural”, e avogou pola aparición de novos medios como unha forma de “aportar frescura” ao análise da realidade informativa de Galicia.

 

A continuación foi Gómez, actual director do periódico e que tamén o foi de La Voz de Galicia, da revista Capital, foi Director de Coordinación de Publicacións e de Comunicación de Grupo Zeta e colaborador de tertulias políticas en televisión, o que se puxo á fronte do micrófono. Comezou a súa alocución facendo referencia á enorme tradición xornalística de Vilalba polo seu “número de cabeceiras, que é case récord en Galicia”. Despois fixo referencia aos orixes da publicación que se atopaban no medio dixital Xornal.com, proxecto pioneiro en Galicia, xa que naceu no ano 1999, cando a “democratización” da rede aínda era case unha utopía.

Gómez non esquivou a definición da liña editorial, que, segundo el, se sitúa nunha orientación “progresista e galeguista, e na que o pluralismo estea garantido”. A análise política e a economía son outros dos piares sobre os que se sostén o edificio de Xornal de Galicia. Tamén defendeu e argumentou a presenza de tan só un 30 % do galego nas súas páxinas, xa que, “por razóns de mercado”, consideraron que esta era unha cantidade “razoable”, porque unha ampliación da cota do noso idioma non levaría parello un maior número de lectores. Este diario ten máis de 100 colaboradores, a maior rede de correspondentes internacionais dos medios galegos e unha redacción integrada onde conviven o periódico en papel e o dixital. O periodista galego tampouco deixou pasar a ocasión de dar a súa visión sobre o actual estado do tecido mediático galego. Para Gómez, o futuro pasa por internet e a súa capacidade de xerar novas estruturas mediáticas na rede. A caída da publicidade pola actual crise económica global podería “abocar a un proceso de concentración de medios importante”, que se aceleraría en Galicia pola “atomización existente”. Anunciou a posible chegada dos grandes grupos de comunicación á nosa comunidade. Opinou tamén sobre as axudas aos medios en Galicia, considerándoas “moi altas” e dubidou da súa posible continuidade. Estas axudas estarían, en moitos casos, “detrás da adaptación dos medios aos gobernos”, o que sería, para o director de Xornal de Galicia, “unha perversión e unha anormaldiade democrática”.

Sobre o conflito soterrado coa Voz de Galicia afirmou que o seu xornal “ten as ideas moi claras” e que non “responden aos seus ataques” nin “entrarán en liortas con eles”. A caída do bipartito tamén foi outra das cuestións que saíron á palestra. Para Gómez a nova realidade representa un reto informativo que “ten moito atractivo”, xa que non cree “que haxa problemas con Núñez Feijóo, como si os tivemos con Touriño, que foi mal asesorado e non nos apoiou”.

Sociedade