Xosé Manuel Dasilva: “Ramón Piñeiro non recibiu trato de favor durante o seu encarceramento”

Xosé Manuel Dasilva: “Ramón Piñeiro non recibiu trato de favor durante o seu encarceramento”

22 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Ramón Piñeiro foi apresado en 1946 por conspirar contra o réxime franquista, pasou tres anos no cárcere, non foi torturado e tampouco recibiu trato de favor. Xosé Manuel Dasilva tirou estas conclusións tras analizar a causa xudicial e o expediente penal que documentan eses acontecementos históricos e desenvólveas no libro Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro. 1946-1949 que acaba de publicar Galaxia. Con esta

Xosé Manuel Dasilva explica as dúbidas que sempre existiron arredor deses anos no cárcere pola confluencia de dúas correntes de pensamento que, aínda que opostas, compartían o desinterese por investigar os acontecementos.“Estaban aquelas persoas que querían insistir na insidia e na mistificación e, por outra banda, aquelas que sempre creron a versión de Piñeiro”, argumenta. A polémica remóntase aos propios anos 40 e rebrotou cando no 2009 se lle dedicou ao galeguista o Día das Letras. Foi entón cando Dasilva buscou os documentos do proceso, algo que non lle resultou difícil, xa que “estaban onde tiñan que estar, ningunha man negra os mudara de arquivo”. Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro. 1946-1949 recolle a transcrición e a reprodución fotográfica destes textos (a causa xudicial e o expediente penal). A partir deles pódense dilucidar esas incógnitas que se mantiveron durante décadas: Como foi apresado Piñeiro? Que tribunal o xulgou? Que probas se presentaron? Cal foi a condena?...

Cultura