Xosé Manuel Pérez Bouza declara sobre a suposta manipulación do censo de Xinzo de Limia

Xosé Manuel Pérez Bouza declara sobre a suposta manipulación do censo de Xinzo de Limia

10 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Coa campaña electoral en marcha, a suposta fraude dos censos electorais chega por vez primeira á Xustiza. A Fiscalía de Ourense admitiu a trámite as denuncias formuladas polo BNG relativas á 122 empadroamentos irregulares rexistrados no concello de Xinzo de Limia. Un mes máis tarde de que se dese a coñecer o caso, reclamouse a presenza do senador nacionalista Xosé Manuel Pérez Bouza, que terá que

Pérez Bouza explicara en Radiofusión que o diferencial mensual de altas e baixas no padrón de Xinzo roldaba as 15 persoas durante os últimos catros anos, pero que o número de novos veciños se multiplicou en decembro de 2010, "o último mes" no que se hai que rexistrarse no padrón para ter dereito a voto. "Isto acredita que non foi normal, senón inducido", asegurou. Entre os empadroamentos baixo sospeita figura o do ex delegado de Medio Ambiente e militante do PP Agustín Prado Verdeal, cuxa tarxeta censal, canda a doutros catro familiares foi enviada a unha vivenda da que é propietario, casualmente, un militante do BNG local. Os nacionalistas sosteñen que Prado nin reside nin fai vida en Xinzo.

A poucas horas de comparecer na Fiscalía, Pérez Bouza, laiouse da tardanza da Xustiza en tratar este caso, cando o proceso electoral está en marcha e os votos dos novos empadroados poden ser determinantes para a composición do Goberno local, cuxa Alcaldía se decidiu a prol do PP nos comicios anteriores por poucas decenas de sufraxios.

Institucional