Xosé Mouriz: co PP 7 de cada 10 familias aboarán os libros de texto

Xosé Mouriz: co PP 7 de cada 10 familias aboarán os libros de texto

17 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A supresión da gratuídade dos libros de texto é un dos temas que máis preocupan ás familias neste tempo de recesión económica. Para informar aos feneses sobre o tema, esta tarde haberá unha charla informativa no CPS de San Valentín ás 8 do serán. Nela intervirán entre outros o ex Delegado Provincial de Educación Xosé Mouriz.

O acto está organizado para trasladarlle á cidadanía información sobre este cambio de sistema. Mouriz explicou esta mañá en Radiofusión que antes había un sistema de préstamo de libros no que as familias non tiñan que pagar. Agora o cambio está en que nese sistema que está a promover o Partido Popular, 7 de cada 10 familias van ter que pagar polos manuais.

Segundo Mouriz, o PP xustifica este cambio alegando que as familias que realmente non poidan pagar os libros, os obteñan de xeito gratuito, mentres que co sistema de préstamo todas as familias, incluso con recursos económicos, podían acceder de xeito gratuito aos manuais. Isto non forma parte dos principios do PSOE, quenes apoian a gratuídade universal debido a que o ensino é obrigatorio ata os 16 anos. Mouriz tamén destacou que este novo sistema multiplica o sistema burocrático e que supón unha carga extra de traballo aos centros educativos. 

Sociedade