Xosé Neira Cruz e David Soler desvelan o enigma do “Matrimonio Arnolfini”

Xosé Neira Cruz e David Soler desvelan o enigma do “Matrimonio Arnolfini”

23 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Jan estivera alí. Lembrábao coma se fose onte. E o cadro diante del non facía máis que confirmarllo. Lembraba a fermosa señora, vestida co manto máis rico que Jan fora quen de ver até aquel día. Lembraba o señor que a collía da man, severo e silencioso. Aquel home metía medo con só miralo”. Así comeza “Jan estivo alí”, a nova novela de Xosé Antonio Neira Cruz, con ilustraci&oacut

“Dentro das grandes obras de arte habita un enigma. Un misterio chamado a perdurar ao longo dos séculos. Así sucede no marabilloso retrato do matrimonio Arnolfini, que Jan van Eyck pintou en 1434. No fondo do cadro hai unha sorpresa, e desa sorpresa naceu esta historia”.

En palabras do autor, “Jan estivo alí” é un “relato histórico, unha reflexión sobre o poder que ten a arte para envolvernos, levarnos a outras épocas e descubrir misterios abraiantes”. Segundo explicou Neira Cruz a Radiofusión, a novela xordiu da capacidade de David Soler para reproducir cadros históricos, neste caso unha obra do século XV que está rodeada de grandes enigmas. Un deles, quizabes o principal, é o que fai referencia ao espello que Jan van Eyck pintou no fondo da estancia, co reflexo do matrimonio Arnolfini de costas. Nembargantes, asegura o escritor, nesta miniatura aparecen outras tres figuras: a do propio pintor e a do seu irman Hubert, amais dun terceiro personaxe sobre o que se construiu a trama da novela.

“Jan estivo alí” preséntase este mércores, ás oito do serán, na Galería Sargadelos de Ferrol. Amais do autor e o ilustrador, no acto intervirá o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes.

Sociedade