A xove orquestra local de Fene preside a comparsa do enterro o martes

A xove orquestra local de Fene preside a comparsa do enterro o martes

15 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A xove Orquestra Local presidirá o martes de antroido en Fene a comparsa do enterro que percorrerá as principais avenidas fenesas pola tarde. Na Praza do Concello reúnense as máscaras infantía e degústanse as larpeiradas, todo na víspera do dia grande, o mércores de cinza, festivo local.

Fene culmina os preparativos do seu Antroido. Un total de 13 comparsas daranse cita o mércores, xornada festiva local, no concello fenés. Pero o martes asistimos na Praza do Concello a unha nova festa infantil dende as 5,30 da tarde coa orquestra Xente Nova e a degustación de lambetadas do Antroido, cedidas polas panaderías Ramón de Sillobre, A María e Confiteria Martínez de Fene, El Cruce de Maniños, A Broa de San Valentín, Larpeiradas e Confitería Sara de Perlío.
 
As 7 da tarde a comparsa do enterro percorrerá as Avenidas do Mar, Marqués de Figueroa e Naturales de Fene. Un dos membros da Asociación Cultural O Tadetas, Juan Pena As 10 da noite, mañán, comezará na Praza do concello de Fene o Velorio de Antón e a verbena coa orquestra Xente Nova.

Sociedade