Xuiz ou xuiza de paz

Fene precisa xuiz ou xuiza de paz. Publica a convocatoria o BOP do luns 4 de noembro
06 de Novembro, 2019 - 02:18 h. | Publicada por Radio Fene

Fene recibe desde o luns dia 4, e durante dez dias naturais, solicitudes para ser xuiz ou xuiza de paz nos pŕoximos catro anos.

O concello de Fene abre o prazo de presentación de solicitudes para o posto de xuiz de paz. Deberán achegarse os méritos que alegue a persoa solicitante. Publicouse a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia do pasado luns. Poden presentarse as instancias no Rexistro do Concello durante dez dias naturais desde a publicación. O xuiz estará no cargo por un período de catro anos e recibe unha retribución anual de 3.200 euros.

As súas funcións incluen dictar sentenzas en xuizos de faltas por feitos de pequena gravedade, celebrar vodas e atender o Rexistro civil. Insultos, coaccións, amenazas, maltrato de animais domésticos e danos leves en bens inmobeis son alguns dos casos que atende un xuiz ou xuiza de paz. Entre as persoas solicitantes, decidirá por maioria o pleno da Corporación.

Sociedade

Publica o teu comentario agora