A Xunta acudirá á xustiza para loitar contra o decreto do carbón

A Xunta acudirá á xustiza para loitar contra o decreto do carbón

21 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Goberno galego interporá mañá un recurso fronte o Tribunal Supremo para solicitar a suspensión cautelar do decreto do carbón. A Xunta toma esta decisión unha vez despregadas todas as actuacións políticas e institucionais posibles, solicitando ser recibidos polo Goberno de España, presentando alegacións ante Comisión Nacional da Enerxía, o Consello Consultivo de Hidrocarburos, a Lei de Economía Sostible e o Plan de A

A Xunta entende que esta norma é nula, xa que diferentes órganos consultivos emitiron informes negativos sobre o decreto, e porque infrinxe a Lei Reguladora do sector eléctrico, polo menos, en catro puntos.

Por outra banda, o Goberno galego autoriza un decreto, polo que preto de 50.000 pensionistas percibirán unha paga extraordinaria de 206 euros este vindeiro mes de novembro. Deste xeito, actualizase nun 3% esta paga, cuxo ingreso será automático, a través de transferencia bancaria, e que está dirixida ás persoas beneficiarias das pensións non contributivas, as que perciben o fondo de asistencia social, e os que cobran o subsidio de garantía de ingresos mínimos. Nuñéz Feijóo anticipou que nos orzamentos do vindeiro ano manterase o poder adquisitivo das pensións non contributivas, cumpríndose deste xeito os obxectivos da Xunta.

Asemade, a Xunta impulsa a conexión entre a comarca de Compostela e a Ría de Noia e Muros coa construción dun novo trazado de acceso á vía de alta capacidade Brión-Noia, que está neste momento en construción. Este novo acceso, que estará a disposición nos vindeiros meses, dará servizo a preto de 40.000 veciños de Lousame e de Noia.

Sociedade