A Xunta cifra nun 14% o seguimento da folga entre os funcionarios

A Xunta cifra nun 14% o seguimento da folga entre os funcionarios

29 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O seguimento da folga de empregados públicos na Administración xeral da Xunta de Galicia e os seus organismos dependentes foi dun 14%, segundo os datos feitos públicos polo Goberno autonómico. A través dun comunicado, aseguran que na Administración de Xustiza esa porcentaxe elévase ao 18%, nos centros públicos educativos sitúase no 8,7% e nos centros sanitarios achégase ao 10%.

A Xunta asegura que no caso da Administración xeral e dos organismos dependentes participaron na folga 1.885 dos 17.857 empregados públicos totais. Outros 2.062 forman parte dos servizos mínimos decretados pola Xunta, que se están a cubrir ao 100 por cento.

Especificamente no caso das delegacións territoriais, informan de que o seguimento da folga foi do 15,5% na Coruña; do 6% en Lugo; do 8,5% en Ourense e do 16,4% na provincia de Pontevedra, nos ámbitos das delegacións territoriais de Pontevedra e Vigo.

Sociedade