A Xunta comezará en breve a rehabilitación da Ponte do Pedrido

A Xunta comezará en breve a rehabilitación da Ponte do Pedrido

15 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, avanzou hoxe no Parlamento galego que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a axilizar os trámites para a licitación en breve das obras de reparación, conservación e mantemento da Ponte do Pedrido sobre a ría de Betanzos. O proxecto xa foi aprobado no mes de setembro e conta cun orzamento superior aos 2 millóns de euros. A ponte constru&iacu

Gómez Alonso recordou que este proxecto de rehabilitación da Ponte do Pedrido xurde como consecuencia dos danos comprobados durante as inspeccións realizadas dentro do marco do Sistema de Xestión de Obras de Paso (XOPA) en outubro de 2010.

Logo de diagnosticar as causas do deterioro da ponte, procedeuse a formular a estratexia de reparación dirixida a rehabilitar a ponte e asegurar unhas condicións de durabilidade que permitan prolongar a súa vida útil”, sinalou o voceiro do Grupo Popular. ntre as actuacións contempladas na realización deste proxecto, apuntanse: a eliminación da vexetación enraizada nos paramentos; a reparación de corrosións de armaduras vistas; a inxeccións e selado das fisuras detectadas en arcos, montantes, travesaños, lousas e pilas; a execución dun zuncho perimetral de protección e reforzo fronte á socavación dunha das pilas; a limpeza de humidades e dos apoios do taboleiro.

Repararanse ademais as péndolas dos arcos e as varandas e colocaranse os sinais verticais e horizontais e os pórticos definitivos de control de gálibo, ou o que é o mesmo as dimensións en altura e anchura para o paso seguro dos veículos.

Sociedade