A Xunta concede axudas á dependencia de dez euros ao mes

A Xunta concede axudas á dependencia de dez euros ao mes

03 de Setembro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Xunta de Galicia concedeu unha axuda de 10,18 euros ao mes por dependencia para unha libranza continuada por coidados na contorna familiar de tipo parcial na provincia de Lugo."Vemos día tras día a saturación dos servizos sociais, cun incremento da demanda do 70% dende 2011, e as axudas son escasas e insuficientes”, afirma a presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social Marta Capeáns.

Tamén incide na denuncia o BNG, que cualificou de "insultante" a axuda de dez euros ao mes para a coidadora dunha persoa dependente da provincia de Lugo de Grao I, é dicir, que necesita de coidados continuos. Os nacionalistas subliñan que as axudas de dependencia teñen como obxectivo compensar o diñeiro que debería cobrar un coidador por este tipo de atencións, finalidade que con esta resolución "non se cumpre", incluso sendo unha axuda de tipo parcial.
Sociedade