A Xunta de Galicia non concreta o final das obras de saneamento da ría

A Xunta de Galicia non concreta o final das obras de saneamento da ría

14 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os alcaldes de Ferrol e Narón asinaron esta mañá os convenios para posibilitar o remate das obras de saneamento da ría. Os tres convenios son, para a construción e explotación dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol; outro para desenvolver as obras do interceptor do treito Cadaval-Neda; e un terceiro para materializar o novo interceptor-colector da Malata. Investiránse un total de 37,6 millóns de euros que aportan, o Min

O Director xeral da Auga, Juan Urbano López de Meneses, afirmou que a cooperación e a solidaridade son a clave para que a ría de Ferrol esté en perfecto estado e recupere a sua riqueza marisqueira que calificou como das mellores de Europa.
O alcalde de Ferrol, Rey Varela, explicou que froito das negociacións dos dous últimos meses, logrouse reducir os prazos da actuación, porque a EDAR funcionará xa dende agosto do 2013, e mellorar a financiación poñendo os dous concellos só o 10% frente ao 30 anterior. Salvouse tamén o parque da Ranita e incluíuse no proxecto, o saneamento da Malata.
O alcalde de Narón tamén se congratulaba de que a rede de saneamento se estenda ata Xuvia.

As obras incluidas nos convenios asinados esta mañá supoñen unha lonxitude total de 20 quilómetros de conducións e a construcción de 11 tanques de tormenta. Os proxectos a executar son tres:
1. Acondicionamento do interceptor da marxe dereita da ría, no tramo A Malata- A Gándara.
2. Acondicionamento do interceptor xeral no tramo A Gándara- Cadaval.
3. Acondicionamento do interceptor xeral no tramo Cadaval- Neda.

O concelleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, afirmou que a sinatura dos convenios supon que empezou a conta atrás para o saneamento da Ría de Ferrol. A marxe esquerda finalizarase a finais deste ano 2012. A marxe dereita da ría levaba investidos ata o momento 108 millóns de euros aos que se suman agora 61 millóns máis. Son máis de 50 Km de tuberías que darán servizo a 140.000 habitantes. En total teránse empregado 256 millóns de euros no proxecto. Anunciou Agustín Hernández que xa empezaron os trámites para que a comenzos do 2013 empecen as obras do Interceptor da Malata.

Sociedade