A Xunta elimina por sorpresa a campaña de publicidade do decreto do plurilingüismo

A Xunta elimina por sorpresa a campaña de publicidade do decreto do plurilingüismo

28 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A Xunta entende que a campaña publicitaria prevista para promocionar o decreto do plurilingüismo é “innecesaria” e por iso non a fará. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, retractouse este mediodía da decisión adoptada polo seu Goberno, que xa resolvera a adxudicación provisional, por valor de aproximadamente un millón de euros, dunha estratexia publicitaria para gabar o decreto e que se ía desenvolver dura

O dispendio nesa estratexia publicitaria foi criticado pola oposición durante os últimos meses e agora a Xunta, sen previo aviso, certifica que anulou as súas previsións porque “non é preciso comunicar algo que a xente entende e apoia maioritariamente”, escusouse Núñez Feijóo. Tras indicar que “as decisións políticas e as administrativas non sempre coinciden”, explicou que o orzamento para a publicidade do decreto destinarase “a outros eidos”.

Institucional