ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Consellería de Economía e Industria ven de anunciar que a Xunta loitará con todas as ferramentas que ten a súa disposición contra o decreto do carbón. Segundo indicou esta mañá o conselleiro Javier Guerra, o Goberno galego está estudando recorrer á vía xudicial para evitar que as centrais térmicas de As Pontes e Cerceda rematen pechando.
O conselleiro tamén indicou que ven de esixir ao Ministerio de Industria que escoite á Xunta de Galicia e que procure unha solución equilibrada. Guerra afirmou que o Goberno central non tivo en conta os efectos negativos deste real decreto en Galicia, que non os trasladou á Comisión Europea, e que esta só tivo coñecemento deles grazas aos escritos que se remitiron dende a propia Consellería.
Javier Guerra apuntou que a Xunta segue disposta a atopar a solución máis axeitada xunto co Ministerio de Industria, sempre tendo como principio fundamental que o decreto non teña ningún impacto sobre o emprego directo e indirecto asociado ás centrais térmicas de As Pontes e Cerceda. Asemade, explicou que a Consellería traballará de xeito conxunto cos alcaldes de Cerceda e As Pontes e as centrais sindicais co obxectivo de corrixir os efectos negativos deste decreto.