A Xunta facilitará a adquisición do stock de 32.000 vivendas baleiras da comunidade

A Xunta facilitará a adquisición do stock de 32.000 vivendas baleiras da comunidade

30 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Establecerase por convenio uns "prezos máximos e unhas condicións atractivas" para a compra. Así consta no anteproxecto da nova Lei de Vivenda aprobado polo Consello da Xunta nesta xornada pero cuxo contido completo vaise esmiuzar a partir do vindeiro luns. Con todo, o presidente Alberto Núñez Feijóo quixo avanzar algúns dos aspectos máis sobranceiros do texto. Afirmou que a norma vixente "era confusa" e, p

Así as cousas, marcará máis polo miúdo as "diferenzas entre vivenda de promoción pública e privada"; "concretará as causas de posible descualificación de vivendas protexidas"; e, finalmente, permitirá que tamén as vivendas rehabilitadas "poidan adquirir a condición de protexidas". De cara ao comprador, daranse facilidades para o pagamento aprazado e fomentarase a opción de aluguer con dereito a adquisición na vivenda libre, de tal xeito que o arrendamento mensual conte como letras dunha futura hipoteca. Núñez Feijóo.

Verbo dos posibles beneficiarios desas novas facilidades, o xefe do Executivo galego declarou que se atenderá a criterios habituais como os de renda, idade ou familia numerosa, pero adiou calquera outra precisión a unha comparecencia prevista para a próxima semana. Si confirmou que o texto "non prevé organismos novos". Defendeu as competencias do Instituto Galego de Vivenda e Solo e resolveu que "abonda co que hai". No que atinxe á maneira na que se poderán poñer os pisos baleiros a disposición do público e con prezos "atractivos", Feijóo explicou que a Xunta buscará establecer un convenio marco coas entidades financeiras e os promotores que beneficie a ambos e tamén ao "interese xeral".

Institucional