A Xunta forma un “lobby” con Castela e Portugal para solicitar fondos á UE

A Xunta forma un “lobby” con Castela e Portugal para solicitar fondos á UE

17 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“Xuntos máis fortes” é o retrouso da canción de Juan Pardo que nesta xornada entoaron de xeito máis prosaico os presidentes de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; Castela e León, Juan Vicente Herrera; e da Rexión Norte de Portugal, Carlos Lage. O triunvirato subscribiu o protocolo de creación da macrorrexión que terá por nome Rexións do Sudoeste Europeo e que resulta ser a primeira en toda a metade meridional d

Coa colaboración no seo da macrorrexión, adquírese unha nova magnitude, que segundo Alberto Núñez Feijóo permitirá que “o córner de Europa se sitúe no centro”. O titular da Xunta salientou en Valladolid, onde tivo lugar o acto de sinatura do protocolo, que con esta decisión se adiantan ao novo escenario financeiro europeo, que será de contención. 
A macrorrexión, precisou Feijóo, non implicará a construción de novos niveis administrativos nin dunha nova burocracia adicional. Os proxectos nos que Galicia, Castela León e Portugal pensan traballar atinxen a eidos como o medio, o turismo, as infraestruturas, o emprego, a industria ou a universidade. Para o presidente castelán, Juan Vicente Herrera, as autonomías pasaron xa o sarampelo da súa relación co Estado, e agora cómpre que pensen por si mesmas. 
Institucional