A Xunta gasta caseque 2 millóns de euros en privatizar a cita previa

A Xunta gasta caseque 2 millóns de euros en privatizar a cita previa

31 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Se lle doe a cabeza, marque o 1, se ten gripe, prema o 2, con outra enfermidade, espere,...". Parece ridículo pero os teléfonos dos Centros de Saúde de Galicia poderán responder así a partir do vindeiro ano. A Xunta ven de publicar a licitación da atención telefónica sanitaria. Gastará caseque 2 millóns de euros ao ano (1.950.000) en privatizar esta función do Servizo Galego de Saude. A licitación, publicada onte

Os usuarios poderán chamar aos seus centros de saúde cunha facturación telefónica provincial, pero as súas chamadas serán desviadas a un número privado 902, que costeará a Xunta. O contestador automático permitirá reducir o número de persoas que deban ser atendidas persoalmente por operadores. Os sindicatos sanitarios critican esta privatización do servizo, salientando que lle sairá máis caro ás arcas públicas da comunidade.

Sociedade