ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Xunta de Galicia, a través da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, licitou o reforzo de dúas estradas en Vilalba e unha en Rábade por un total de 4.698.861 euros e un período de realización de 12 meses. Estas tres intervencións suporán o reforzo do firme das estradas LU -127, na súa variante de Rábade, LU-541 no tramo Rábade (A-6)-Vilalba (N-634), por valor de 3.293.161 €; e a LU-861 no treito de Vilalba, á
Estas actuacións, que se enmarcan nunha licitación conxunta de 11 obras viarias por un importe de máis de 25 millóns de euros (25.523.242 euros) para as provincias da Coruña e Lugo; teñen como finalidade impulsar e potenciar á conservación das infraestruturas que forman parte da rede de estradas da Comunidade galega.
Outro dos seus obxectivos é mellorar a seguridade viaria dos usuarios destas estradas e facilitar unha condución segura e estable para os cidadáns. Neste senso, as obras consistirán na materialización de reforzos e rehabilitacións de firmes e de melloras de interseccións, co obxectivo de ordenar os tráficos e ademais de garantir unhas condicións de seguridade á hora de conducir.
Ademais, este tipo de actuacións forman parte dos proxectos e medidas do Goberno galego para fomentar a creación de emprego en Galicia, así como activar a actividade económica da Comunidade. Estas actuacións mobilizarán unha media de 450 empregos.