A Xunta podería rematar o novo decreto do galego no verán

A Xunta podería rematar o novo decreto do galego no verán

03 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, avanzou hoxe que o próximo decreto do galego no ensino podería estar rematado durante o verán. Desta maneira, asegura que a súa redacción comezará unha vez rematado o proceso de enquisa aos pais e que dependera da premura con que se faga.

A Xunta presentará nos próximos días o modelo de enquisa aos pais para escoller o idioma en que educarán aos seus fillos. O proceso levarase a cabo entre proxenitores con fillos en idade escolar obrigatoria de Galicia, e a súa opinión cobrará unha importancia decisiva no futuro da lexislación lingüística no ámbito educativo. Asimesmo, aclorou que non hai fecha, pero que si estará listo antes de decembro. Por outro lado, considerou preferible aprazar o proceso e “tardar unha semana máis” mentres que “se fagan as cousas mellor", para que o novo decreto teña “permanencia”. Finalmente, reiterou que a decisión dos pais será "o punto de partida" do novo decreto, a partir do cal a consellería comezará a falar con sindicatos, asociacións e partidos políticos, para tentar “consensualo” texto.

Sociedade