A Xunta quere manter a titularidade galega de Reganosa

A Xunta quere manter a titularidade galega de Reganosa

12 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A regasificadora de Mugardos, Reganosa, camiña cara á perda da súa galeguidade. Caixa Galicia e Caixanova decidiron xa a súa saída do accionariado da planta de gas da ría de Ferrol. Seguen así as pegadas de Endesa e do Banco Pastor, que fixeron o propio hai dúas semanas. Onte os representantes das caixas no consello de administración da firma comunicaron a súa marcha ao resto de accionistas. A Xunta de Galicia quere manter a capitali

Coa saída do Pastor e as dúas caixas, o capital galego na regasificadora galega queda reducido a un 28%, a suma da participación do Goberno galego e do grupo Tojeiro. Todo apunta a que o comprador dese 15% do que se desprenden as caixas será o mesmo que adquiriu a parte do Pastor e de Endesa, un fondo de investimento australiano pertencente a Commonwealth Bank. Se finalmente ese fondo australiano queda con esa participación, sumará o 41% de Reganosa.

Precisamente para evitar que outra gran empresa galega quede en mans foráneas, o goberno autonómico quere que outros operadores galegos adquiran estas participacións. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, explicou que o obxectivo é manter baixo titularidade galega a maior porcentaxe posible do accionariado da planta de Mugardos. O dereito de tanteo que ten a xunta como socio permítelle transferilo a outra empresa galega. De momento non apareceron empresas interesadas en adquirir estas accións.

Sociedade