A Xuntanza de Palilleiras de Fene celebrase o 25 de abril

A Xuntanza de Palilleiras de Fene celebrase o 25 de abril

25 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Falta un mes para a celebración da XIV Xuntanza de Palilleiras de San Valentín, en Fene. O ano pasado a xuntanza contou con 800 participantes, unha cifra difícil de superar nesta edición.

Celébrase o ultimo sabado de abril, o 25. Desfiles de modelos lucindo roupa das tendas de Fene e da comarca, exposicións de artesanía e as palilleiras traballando en directo son os encantos desta Xuntanza que cumple xa 14 anos. 

A coordenadora, e presidenta do CPS de San Valentín, Pilar Freijomil anunciouna esta mañán en radiofusión, recalcando a gran solidaridade veciñal co evento que se convertiu en todo un símbolo para o barrio fenés. 
 As palilleiras proveñen de moitos puntos de Galicia, tamén de Asturias, Madrid, Castela e León.  Sorteos entre o público e agasallos ás participantes pecharán a Xuntanza. Xa falando do CPS, a presidenta Pilar Freijomil, afirma que goza de boa saúde pero teñen unha teima, conseguir resucitar o apartado deportivo da entidade. Antes contaron con equipos de futbol sala que desapareceron.  O pior é que os actuais directivos están cansos e todos, en conxunto, decidiron abandonar o barco o 1º de xullo, cando remate o curso escolar. A decisión está tomada e é irrevocable, segundo Freijomil.

Os socios e socias, uns 260, están convocados a unha asamblea  o dia 2 de abril, ás 6 da tarde para abordar este tema.  

Sociedade