Xuntas pero non revoltas

Xuntas pero non revoltas
14 de Abril, 2020 - 10:32 h. | Publicada por Radio Fene

A reincorporación ao traballo produce o primeiro dato positivo desde que empezou esta crise, disminúe o número de traballadores afectados polos ERTEs. CCOO vixía que a volta sexa segura. 

ESCOITA O PODCAST:

Por primeira vez, desde que se decretou a Alarma sanitaria, diminúe o número de traballadores afectados polos ERTEs en Galicia. Quen aporta este dato – aínda tímido pero positivo-  é o secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento. O sindicato permanece atento a como se está a producir o retorno ao traballo de milleiros de operarios no noso país, e vixiante de que se garanta a súa seguridade. A adopción de medidas para garantir esa seguridade e o fácil acceso aos equipos de protección individual, son dúas premisas a ter en conta. “Estamos vixiantes para que se cumplan as medidas de distanciamento colectivo no mesmo lugar de traballo” asegura o secretario xeral de CCOO de Galicia desde 2017, e engade “iso so se garante co uso xeneralizado de epis, algo que era imposible hai uns días e que agora semella que está garantido porque se fixo un acopio destes equipos”.

Volvendo aos expedientes de regulación temporal de emprego que se aplicaron cando empezou a situación de alerta sanitaria polo coronavirus, Ramón Sarmiento, aporta un dato concreto referido á construcción, un dos sectores que desde onte ou hoxe se puxeron en marcha, e a parte do sector industrial. Hoxe, dí,  é o primeiro día que non se suman traballadores á regulación. De 200.000 que había ao principio da crise, hai 16.000 menos a día de hoxe.

(Na imaxe, traballadoas da Residencia de maiores de San Sadurniño)

Sociedade

Publica o teu comentario agora