Xuntos polo Nadal

Xuntos polo Nadal

12 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene súmase ao programa da Xunta "Xuntos polo Nadal". Dende a Área de Servizos sociais, igualdade e educación, informan que está aberto o prazo de solicitude ate o 25 de novembro de 2013. Dado o carácter familiar que teñen estas festas na nosa comunidade e tendo en conta a situación de soidade na que se atopan moitas das persoas maiores, pola carencia de familiares, perda do seu cónxuxe ou a emancipación dos fillo

As prazas distribúense do seguinte xeito:

- Residencia de Tempo Libre do Carballiño (120 prazas): 60 para a provincia de Pontevedra e 60 para a da Coruña
- Residencia de Tempo Libre de Panxón en Nigrán (120 prazas): 60 para a provincia de Lugo e 60 para a de Ourense.

O programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2013 e o 2 de xaneiro de 2014.  Contempla o aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, durante 11 días (10 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata o momento da saída do centro no que se leva a cabo.

Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

Ser maior de 65 anos.
Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia.
Non estar acollido en ningún centro residencial.
Ter que pasar só/a as datas do Nadal.

Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:

realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.
teñan un menor nivel de ingresos económicos.
non participaran neste ano en ningunha quenda do Programa de Benestar en balnearios, nin en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal.
teñan máis idade.

Os solicitantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 €), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 25 de novembro de 2013 e farase a través dos servizos sociais comunitarios dos concellos, servizos sociais de atención primaria de saúde, xefaturas territoriais e centros sociocomunitarios de benestar dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

Sociedade