Xuntos polo Nadal

Xuntos polo Nadal

14 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Centro Sociocomunitario de Fene anuncia a campaña XUNTOS POLO NADAL destinada a persoas maiores de 60 anos que se valga por sí mesmas e que se atopan soas nesas datas.  Ofértanse un total de 240 prazas :
120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán para as persoas solicitantes das provincias de Ourense e A Coruña.

O programa desenvolverase entre o 23 de decembro de 2014 e o 2 de xaneiro de 2015, e comprende 11 días de estancia e pensión completa, con desprazamento en autobús dende a localidade de orixe. Para cursar as solicitudes á Consellería de Traballo e Benestar, deben dirixirse ao centro Sociocomunitario de Fene na rúa do Castro ou ben as SS SS municipais. Pódense presentar ata o 15 de novembro. As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a ese importe contribuirán coa achega de 50 €.

Sociedade