Xuntos-as por ASTANO o 29 de maio en Fene

Xuntos-as por ASTANO o 29 de maio en Fene

19 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG de Fene e Galiza Nova insisten na retirada do veto a Astano, agora dun xeito lúdico e reivindicativo. O sabado 29 de maio o paseo marítimo de San Valentín será unha auténtica romería da mañán á noite. As pezas do mediodía correrán por conta de Los Tigres del Cañotas. Xurxo Souto conducirá un Festival dende as 9,30 da noite.

 Coa grua pórtico á vista e o estaleiro ben pretiño, os nacionalistas queren xuntar á xente de San Valentín -o barrio dos traballadores de Astano- á xente de Fene e de toda a comarca baixo o lema “Xuntos-as por Astano. Sabemos e queremos construir barcos”. Ese será o lema da xornada lúdico festiva do dia 29. Despois de usar todalas vías posibles e petar nas portas de todas as administracións, o BNG de Fene quere decir ao goberno central que “aquí estamos”, segundo palabras do responsable de Galiza Nova de Fene, Alberto García. 

O acto do sabado 29 non é só un festival , que tamén, senón unha romaría que abrirá un pasarruas de gaitas ás 12 da mañán. Con sesión vermout, amenizada nada menos que polos Tigres do Cañotas. E cun xantar popular servido polo Mesón O Cabazo a base de empanada, churrasco e cachelos, viño e postre polo prezo de 12 €. Os postos de comida quedarán todo o día para dar tapas pola noite. Hai un teléfono para anotarse e así coñecer as previsións. 671 508 149 

No paseo marítimo de San Valentín colocaranse xogos , colchonetas, cotnacontos e cantareiras durante a tarde, para nenos-as . A concelleira do BNG en Fene, Inés Roca, declarou que "non podemos ter o estaleiro de adorno nos tempos que corren"

Xurxo Souto conducirá un Festival dende as 21,30 horas no que participarán os grupos: Fenéticos, Arredemo, PunKomido, Estimaba que viñeras e Membrillo Fanegas. Para os que queran continuar ata tarde, haberá sesión de Djs con Josy da Graver; Borja Martínez e Gavo Vázquez. 

Sociedade