Xurxo Ayán, arqueólogo: “Cando un castro se declara BIC exclúese á comunidade do goce dese espazo”

Xurxo Ayán, arqueólogo: “Cando un castro se declara BIC exclúese á comunidade do goce dese espazo”

03 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A tese “Casa, Familia e Comunidade na Idade de Hierro do NW”, realiza por Xurxo Ayán Vila, arqueólogo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit, Santiago de Compostela) desenvolve a primeira investigación sobre a arquitectura doméstica dos castros do Noroeste Peninsular tanto desde o punto de vista de restos arqueolóxicos como bens patrimoniais e referentes identitarios desde o s&eacu

A investigación estivo dirixida por Felipe Criado Boado, profesor de investigación do CSIC e director do Incipit, e por Marco García Quintela, catedrático de Historia Antiga. Foi defendida recentemente na USC e obtivo a cualificación de sobresaliente cum laude por unanimidade.

Constitúe un traballo pioneiro tanto polo tema -non había unha síntese actualizada desde a realizada en 1976 por Ana Romero Masiá- como polo enfoque co que se reinterpreta o mundo dos castros a partir de perspectivas novas que presiden a axenda arqueolóxica internacional nestes anos.

Cultura