Xusto ao revés

Fene conta cunha multitudinaria escola de tenis que dirixe o instructor Rubén Justo
26 de Novembro, 2019 - 11:36 h. | Publicada por Radio Fene

Rubén Justo dirixe a escola de tenis "Justo al revés" de Fene. As canchas do CCRD Perlío son o campo de batalla das raquetas dos 207 alumnos e alumnas matriculados.

ESCOITA O PODCAST:

“Justo al revés” é o nome da única escola de tenis que funciona no concello de Fene. O nome xa dá pistas sobre a filosofía desta escola, o tenis, ten que lograr divertir aos seus practicantes. Nada menos que ten unha matrícula de 207 alumnos e alumnas desde os 4 aos 72 anos. Máis da metade do alumnado son mulleres. A súa cancha son as pistas propiedade do CCRD Perlío e, cando o tempo está bravo, acólleos o pavillón cuberto do colexio Jorge Juan. Agora contarán tamén coa pista cuberta de Centieiras segundo nos informa o director da escola, Rubén Justo. Monitor nacional nivel 1 e instructor de tenis, comparte as clases con Iria Pico. O horario da escola vai das 15,45h ás 12 da noite.

Rubén Justo amósase orgulloso dos seus 12 alumnos que acuden a tecnificación porque destacan na práctica do tenis. Ao longo dos dous anos que leva en funcionamento a escola, fundada en 2007, alguns alumnos e alumnas foron destacando en diferentes campionatos.

Rubén Justo é monitor tamén da Escola de tenis que o conclelo de Fene pon en marcha no verán. Recén chegado de Madrid, onde seguíu en directo a consecución da Copa Davis por parte da Selección española de tenis, falamos con Rubén Justo da súa escola e dos beneficios que o tenis aporta ás persoas.

Deportes

Publica o teu comentario agora