Xuventude e Deportes

Xuventude e Deportes
07 de Xullo, 2023 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Moita ilusión e ganas de traballar, é un orgullo estar a fronte desta concellería”. Así se expresou o novo responsable municipal de Xuventude e Deportes do Concello de Fene, Adan Chao, en declaracións a Radio Fene 

ESCOITA O PODCAST:

“Sempre seguín de preto a política municipal, así que xa tiña unha idea”, sinalou. Son os seus primeiros días no cargo. O alcalde, Juventino Trigo, nomeou a este mozo, recen incorporado á Corporación municipal como concelleiro do BNG, para dirixir as políticas de Xuventude e Deportes do Concello de Fene. Da primeira área destaca que “o BNG aposta por unha liña dinamizadora, con novas ideas en todas as parroquias. En materia deportiva, remarcou o gran éxito de participación nas distintas actividades deportivas programadas para o verán nas que “mesmo hai listas de agarda”, indicou. Tamén destacou que está recen aberto o prazo para que os clubs reserven horas para adestramentos durante a pretempada e tempada 2023-2024 nas instalacións municipais, dentro do apoio do Concello ás entidades e deportistas de Fene.



 

Institucional

Publica o teu comentario agora