A xuventude esperta do coma

A xuventude esperta do coma

28 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Uns teñen ideoloxías ben definidas, outros considéranse apolíticos. A totalidade amosa preocupación polo panorama político, económico e social. A corrupción na vida política, os beneficios desmesurados dos banqueiros e a indefensión do cidadán de a pé. De Canido, Caranza e do Inferniño proceden os rapaces e rapazas que acampan na Praza de Armas de Ferrol. Avogan por unha democracia real onde se atendan aos intereses d

“A xuventude e, a xente en xeral, está empezando a espertar do seu letargo e comeza a mobilizarse”. Son palabras de Ana, unha das mozas que secundan a protesta na Praza de Armas de Ferrol. Ilusionada, ante o que cualifica como de revolta social, permanecerá na rúa ata mediados de xuño ou ate que dure o movemento do 15 de maio. Cun ciclo superior no seu curriculum, vése abocada ao paro pola falla de experiencia. “Non me dan traballo porque adoezo de experiencia e se non mo dan nunca o terei”, declara. A carioca que se morde a cola para tantos mozos e mozas na búsqueda do seu primeiro emprego. Realizan concentracións todos os días ás 20:30 do serán para facilitar a asistencia da poboación. O asalto á rúa está a funcionar mellor do que auguraban nun principio como se demostrou na impresionante cadea humana do pasado domingo. Un movemento composto por persoas de todas as idades explica Ana.  

“Son unha becaria precaria”. Deste xeito defínese Iciar, unha moza diplomada en Biblioteconomía e Documentación que durante un tempo traballou sen remuneración no arquivo municipal de Ferrol. Farta de estar na casa e da pasividade da xente perante a situación actual, declárase “unha indignada máis”.

Na Praza de Armas encárgase da biblioteca que instalaron na acampada con libros doados polos veciños. Na estantería atópanse exemplares de todo tipo de lectura: novela, revistas ou literatura infantil para ser lidos por toda a poboación. Entre eles sobresae “O principito”, un libro moi afín ao sentimento agochado nesta revolución, sinala Iciar. A perda da sabiduría cando nos facemos adultos e o sentido da vida, a amizade e o amor.

Sociedade