XXI Certame Fotográfico “Medio Ambiente” do Ateneo Ferrolán

XXI Certame Fotográfico “Medio Ambiente” do Ateneo Ferrolán

01 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Co gallo da celebración do “Día Mundial de Medio Ambiente”, o Ateneo Ferrolán vén organizando, dende o ano 1991, todos os anos un certame fotográfico que neste 2011 cumprirá a súa 21ª edición. O certame conta cunha ampla participación de fotógrafos de Galicia e toda España, e incluso a nivel internacional (Portugal, Alemaña, etc) que nas obras presentadas resaltan a importancia

A exposición consta dunha selección realizada polo xurado, de 50 fotografías (máximo) enmarcadas e que serán publicadas nun catálogo editado pola concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol. Con esta escolma realízase unha mostra itinerante que participa no Outono Fotográfico de Ourense, a partir da inauguración e exposición que este ano terá lugar na Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, o luns día 6 de xuño ás 20 horas, onde darase a coñecer o fallo do Xurado e concédense os premios. Os galardóns son  900 € para o primeiro premio, patrocinado pola Autoridade Portuaria Ferrol San Cibrao, un segundo premio de 300 € e 150 € para o terceiro.

O xurado desta XXI edición está formado polos fotógrafos Rodrigo Ramos Ardá, José Pardo e Carlos Carballeira.

Sociedade