XXIV Feira do Mel do Valadouro e Copa da Federación Hípica Galega

XXIV Feira do Mel do Valadouro e Copa da Federación Hípica Galega

05 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Este sábado día 8 O Valadouro vai vivir unha xornada de exaltación dun dos seus produtos de máis calidade, o mel. A Feira do Mel da Mariña vai xa pola edición número vintecatro e segue ofrecendo a calidade dos produtores e apicultores da zona. Outro dos potenciais do concello son os seu xinetes, que nos últimos certames hípicos galegos veñen de realizar moi boas participacións. Logo de organizar as xornadas Equiouro no mes de setem

O vindeiro sábado 8 de outubro de 2011 como ven sendo habitual nos últimos anos, o segundo sábado de outubro, vai a ter lugar diante do antigo matadoiro de Ferreira do Valadouro a XXIV edición da Feira do Mel. Nela poderanse visitar stands de produtores, apicultores e comerciantes de mel, a maioría deles da zona do Val do Ouro, pero tamén doutros lugares da Mariña lucense. Ademais, os visitantes poderán asistir a degustación de produtos elaborados con base de mel, e produtos acompañados deste manxar, dende feixós a pan de cea, pasando pola froita ou inclive salasa e aliños. O mel de O Valadouro tivo numerosos premios ó longo da historia de mel de Galicia e a produtores como Mel O Trobo foilles outorgada a Distinción de Ouro nalgunhas das últimas edicións da Cata de Mel de Galicia.

Neste ano ademais da XXIV edición da Feira do Mel outro gran evento vai ter lugar no Valadouro. En colaboaración Concello, APREVAL (Asociación de Protección e Recuperación Ecuestre do Val do Ouro) e a Federación Hípica Galega convidan a todos e todas aficioados ou non o mundo do cabalo a presenciar as Carreiras de Cabalos de Andadura nas que se competirá pola Copa Fedaración Hípica Galega e que se celebrarán durante a mañá.
Haberá tres probas: a XIII Copa Federación Hípica Galega de Cabalos de 2 tempor, a XIII Copa de Cabalos de 4 tempos e a IV Copa Federación de Cabalos Trotóns, con seis premios por cada categoría e incluídas dentro do Campionato Galego de Cabalos de Andadura.
Os xinetes do Valadouro levan xa algúns anos participando en probas e competicións galegas, cada vez con mellores actuacións. Os cabalos e a hípica son un dos potenciais da sociedade da localidade que fai algunhas semanas acolleu a celebración de EQUIOURO, organizada por APREVAL. Unhas xornadas adicadas ó cabalo en tódolos seus aspectos, dende as competicións hípicas ata a gastronomía a base de carne de poltro.

Sociedade