A Zamburiña por pequeniña

Cociña variada para degustar a mellor zamburiña
18 de Xullo, 2019 - 01:45 h. | Publicada por Radio Fene

Máis pequena ca voandeira pero máis saborosa

A zamburiña é un molusco similar á vieira pero algo máis pequena. Concentra un sabor e textura de gran calidade. Teñen a cuncha máis pequena que as voandeiras, pero a compensa cun corpo máis grande, e máis gustoso.

A súa cociña é rica e variada. Pódense facer ao natural, é dicir, abertas no fero quente, cunha gota de limón, pirixel picado, un pouco de aceite e unha area de sal. Outro xeito de facelas é adubadas con allo e pirixel, empanalas nun pouco de fariña e fritilas en aceite. Por suposto tamén se poden preparar como as vieiras, con cebola e allo dourados a lume morno, un grolo de Albariño, un punto de sal e unhas lascas de xamón.

A sabedoría popular deixounos este refrán: “Os teus ollos rapaciña, non son pequenos nin grandes, o mesmo que as zamburiñas que andan nas praias de Rande.”

Cultura

Publica o teu comentario agora