Zapatero insiste no mantemento do decreto do carbón

Zapatero insiste no mantemento do decreto do carbón

27 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, deixou claro esta mañá ao deputado do BNG, Francisco Jorquera, que non entra nos plans do Goberno modificar o Decreto do Carbón que vai en contra das centrais térmicas galegas, segundo os nacionalistas. O portavoz do BNG na Cámara Baixa dirixíase a Zapatero na sesión de control ao Goberno para preguntarlle se está disposto a modificar o Decreto do Carbón para evitar “

O Presidente do Executivo aludiu á crise económica para sinalar que a demanda eléctrica caeu no 2009 nunha porcentaxe do 4,7%, ao que engadiu a multiplicación da potencia instalada. Subliñou que a produción con “carbón nacional experimentou un descenso máis acusado o que levou ao Goberno a adoptar unha norma sobre garantía de subministro para evitar a perda dunha fonte de enerxía autóctona”. Razón, explicou, polo que negociaron na UE as axudas.

Dixo a Jorquera que “as medidas son transitorias” e explicitou a “vontade do Goberno a escoitar propostas e a escoitar a todos. Neste sentido, remitiu toda resposta á xunta que dixo vai manter o Ministro de Industria cos sindicatos, os concellos e empresas, reunión que por certo se adiou. Afirmou que “non hai ameaza futura para as centrais galegas” máis non deu ningunha explicación sobre como pensa evitar os danos nas térmicas de As Pontes e Meirama. "En conclusión, Zapatero eludiu calquer compromiso e non respostou ás propostas do BNG", afirma o Bloque nun comunicado.

Jorquera repróchalle a dupla vara de medir

Jorquera salientou que “Galiza tamén vive do carbón. Durante anos as súas minas foron explotadas para abastecer de enerxía eléctrica a outros mercados. Esgotados os nosos recursos mineiros as térmicas tiveron que facer cuantiosos investimentos para manter a actividade con carbón de importación, máis barato e menos contaminante”.
O deputado do BNG dixo a Zapatero que agora co Decreto do Carbón “o noso futuro está ameazado, como recoñece a propia Comisión Nacional da Enerxía”.  
Trasladou ao Presidente do Executivo español a gravedade da situación das  térmicas galegas porque “falamos do impacto en máis de 3.000 empregos, cunha caída do PIB galego de 2 ou 3 puntos e de que Galiza poida deixar de ser excedentaria en produción eléctrica para pasar a ser deficitaria”.

Ademáis, alertou do impacto dunha reconversión en comarcas que “aínda están a pagar a factura da reconversión do sector naval”.  Reprochou a Zapatero que se “empeñe en Bruxelas para conseguir a aprobación do Decreto, e vemos como anuncia que defenderá que as axudas ao carbón español se prolonguen até o 2010”. Pero, recalcou, “inhíbese na defensa de Astano na UE”.

Acusou a Zapatero de solucionar un “o problema dun sector produtivo xenerando un problema maior no sector eléctrico. Non se pode resolver o problema duns territorios transferíndollo a outros”. E dixo que habería moito de que falar sobre  a pertinencia de reservar unha cota á produción eléctrica a partir de carbón español.

Pediu solucións para Galiza: “polo menos distribúa de xeito equitativo o recurte que conlevará na produción. Está disposto a que repercuta en todas as tecnoloxías de xeración para que Galiza non sexa a que pague os custes?, preguntou sen obter unha resposta por parte do Presidente do Goberno español", conclue a nota dos nacionalistas.

Sociedade