Zapatero a Jorquera: "seguimos traballando"

Zapatero a Jorquera: "seguimos traballando"

28 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, deixou claro na súa resposta ao deputado do BNG, Francisco Jorquera, que aínda non obtivo ningún resultado nestes meses de Presidencia española da UE para levantar o veto que pesa sobre Navantia Fene para construir buques civís e non ofrece garantías. O deputado do BNG lembrou ao Presidente que a UE “autorizou recentemente axudas públicas a distintos estaleiros polacos s

Na sua resposta ao deputado nacionalista, o Presidente do Goberno español non deu garantías de que vaia cumprir o seu compromiso co BNG en varias ocasións. Zapatero escudouse no feito de que “a situación actual do sector naval, e en concreto a do estaleiro galego, non é a mellor das posíbeis” e refuxiouse nun  “seguimos a traballar e esperamos ter resultados”.

Jorquera lembrou ao Presidente que a semana pasada emprazou ao BNG a manter un diálogo bilateral sobre esas cuestións, “pois ben, poña día e hora porque nós sempre estamos dispostos ao diálogo”. Mais, puntualizou, “vosté tamén ten que respostar ante esta Cámara porque é aquí onde se comprometeu co BNG”. Engadíu ¿Como é posíbel que o Ministro de Industria diga que non se iniciaron xestións para a reapertura do expediente de Fene, porque podería obrigar a devolver as axudas públicas concedidas no seu momento ao grupo Izar? Descoñece o Ministro os compromisos asumidos por vosté?”, inqueriu Jorquera.

Zapatero apelou “á prudencia do Ministro de Industria que ten que ser así nun tema difícil”. Como avaliación a posteriori, Jorquera enfatizou que “moita prudencia si pero o Ministro aínda non formalizou a solicitude de petición de reapertura do expediente”.Neste sentido, salientou o feito de que a UE autorizase recentemente a concesión de axudas públicas a distintos estaleiros polacos “sen lles impór, como a Fene, a prohibición de construir buques”.
 
De igual xeito, afirmou Francisco Jorquera, “a UE autorizou tamén axudas públicas á banca ou ao sector do automóvil”. E demandou ao Presidente do Goberno que “nos escasos dous meses que quedan para rematar a Presidencia española da UE, diga se vai cumprir os seus compromisos con Galiza”.

Sociedade