A Zona-i do Aquarium Finisterrae

A Zona-i do Aquarium Finisterrae

15 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Mañá mércores, 16 de marzo, ás 11 horas, terá lugar no Aquarium Finisterrae a presentación para os medios de comunicación da Zona-i, espazo de reflexión sobre a información científica. O novo espazo abrirase o mércores 23 de marzo.

A nova sala, situada na planta baixa do edificio, foi deseñada como un entorno no que os visitantes se internan para xogar, recibir información selecta, realizar actividades que teñen que ver coa actualidade científica e, sobre todo, opinar e votar sobre cuestións que afectan á súa vida cotiá. O seu deseño arquitectónico recorda á natureza e está construída e iluminada con materiais e tecnoloxías moi novidosas que lle dan un aspecto orgánico e futurista.

A Zona-i é a proposta do acuario máis relevante para 2011 e supón unha infraestructura museográfica moi innovadora e excepcional no panorama dos centros de ciencia europeos.

Sociedade